O Caneiro (Baltar) a tope
01:32 30/07/17
01:32 30/07/17
A festa comezou esta maña cunha andaina e a partir de primeira hora da tarde a zona fluvial de Baltar ateigouse de xente para os xogos populares que na súa IX edición se levan a cabo na Festa Popular organizada polo Concello de Baltar.
Como todos os anos o xogo que mais atracción de público atraeu foi o xogo da corda entre as dúas beiras do río. O que falto este ano foi o tradicional baño do alcalde en traxe.
Para rematar a festa celebrarase o III Laroucofest que nesta edición conta coas actuacións dos grupos OS DA PORFÍA, TANTO NOS TEN, THE TETAS ´VAN e SACHA NA HORTA.