Tres semanas e finaliza a partida

Xogadores da partida das municipais 2023
Tres semanas e finaliza a partida

Xa todos os partidos, presentaron as súas cartas.

Se recordan, esta partida comezámola coa presentación dos 5 primeiros da lista do BNG, á que non dubidamos en dicir que saían cunha boa man. Despois fóronse presentando as primeiras cartas dos outros ata esta semana, que tivemos coñecemento gráfico de todas, incluído a de VOX, da cal había dúbidas de se saía ou non a xogar. Recordamos aquí tamén a crenza, desmentida dende o primeiro momento por este xornal, de que a lista do “Arturo”, era unha lista fantasma, que o único que quería era a súa incorporación noutra, sen conseguilo, pero intranquilizando a algúns xogadores en certos momentos.

Pois a 21 días do comezo, dende a nosa opinión a partida está moi aberta, cada un dos xogadores ten a súa man(5), no póker clásico. Se dicimos cinco, xa saben vostedes por onde vamos. Neste póker queda o resto de cartas no montón para os descartes e as apostas sucesivas. O problema que temos nesta ocasión é que o número de cartas que quedan son moitas, polo que os descartes poden ser moi bos, para ter unha boa aposta.

1.179 CARTAS NO MONTÓN

Datos municipais 2019
Datos municipais 2019

Si nos guiamos polos datos adxuntos, que son o resultado final de fai 4 anos, aínda quedan no montón 1.179 cartas, que son cas que xogaron no 2019 Xinzo Adiante, Ciudadanos, CG e Xuntas por Xinzo, que este ano ou non quixeron entrar na partida ou non os deixaron. Pois a por esas cartas van dirixidos todos os esforzos dos xogadores deste ano. A dicir verdade son bastantes e moi distintas. Loxicamente o que logre coller máis pode facer bos descartes e coller mellor man, e ata pode haber algún partido que poida coller algún Yoker e quedarse con algunha carta na manga quedándose con máis de 5, que nesta partida, non estaría faltando as normas da mesma que admiten ter ata 7.

TODO O MUNDO PREGUNTA

Cando un anda pola rúa a xente fai a mesma pregunta, para a cal habería que ter unha bola de cristal. ¿Como o ves?. Pois a resposta sempre é a mesma, son as primeiras eleccións municipais máis abertas da historia democrática de Xinzo. O non haber un “líder” moi moi carismático a cousa está totalmente aberta. E para que vostedes poidan facer tamén as súas cábalas, axuntamos foto cos resultados do 2019 para que poidan votar as súas contas e fagan un pouco de adiviños.