“XINZO E A SÚA VECIÑANZA SON A MIÑA PRIORIDADE”

IMG-20190419-WA0001
“XINZO E A SÚA VECIÑANZA SON A MIÑA PRIORIDADE”

É un orgullo representar a Ourense

A poucas horas do día de reflexión dendealimia quixo charlar con Montse Lama a única veciña da Limia a cal temos a oportunidade de votar directamente nunha lista aberta e non a través dun partido.

Está contenta pola candidatura ao Senado?

IMG-20190419-WA0001Teño que decir que me sinto moi halagada, de que a Dirección de Cidadáns me ofrecese esta candidatura. É un orgullo representar á provincia de Ourense. Cidadáns SÍ APOSTA pola rexeneración, pola xuventude, polo cambio.
Dito isto, eu estou moi centrada nas ELECCIÓNS MUNICIPAIS,co meu EQUIPO, ca miña xente.Xinzo e a súa veciñanza son a miña prioiridade neste momento.

Quere dicir vostede que non lle apetecería ir a Madrid?

O que quero decir é que os meus esforzos e os meus pensamentos están en acadar a alcaldía, para cambiar as cousas tan necesarias e evidentes no noso Concello.

Acadar o escano do Senado, non é doado, iso é a realidade. Si este domingo, Montserrat Lama Novoa ,entra no SENADO, o que poden ter seguro os cidadáns da Provincia de Ourense, e en particular, os meus veciños e veciñas de Xinzo, é que non me cansarei en petar en portas , as veces que fagan falta, para traer investimentos REAIS para o noso pobo, o noso rural e para a nosa provincia.Teño moito defectos, pero son unha muller perseverante e moi traballadora.

Como se vería vostede para poder levar ambos cargos?, é posible?

Primeira meta nesta vida, NADA É IMPOSIBLE. Non sería fácil, non por despreocupación hacia o Concello, senón por ter que deixar máis de lado a miña familia.

Pero unha vez que se toma a decisión de adicarte a fondo en política, o tempo persoal, queda un pouco “esquecido”, pero sempre merece a pena ver que aportas algo para CAMBIAR AS COUSAS.

Polo tanto, é factible, é incluso bo para o noso Concello poder petar na porta directamente dos que deciden, DONDE, CANTO e COMO SE INVIRTE, pois é máis doado axudar así a nosa xente. Espero poder axudar a miña provincia, as nosas xentes pero o que máis me importa sin lugar a dúbidas e poder cambiar o rumbo do noso concello.Xinzo merece ter un futuro.

Como se atopa a día de hoxe, politicamente falando?

Como din, despois da tormenta chega a calma, agora mesmo estou centrada mirando o futuro e a verdade é que todo o pasado quédame xa moi lonxano. Somentes penso de cando en vez que pase o que pase tomei a decisión correcta. A integridade e a honorabilidade dunha persoa está por enriba de todo o demais.montse 1

Expliqueime varias veces, fareino as veces que sexa necesario, pero hoxe estou aquí sentada contigo, falando de CIDADÁNS, falando de CAMBIAR O RUMBO DUNHA PROVINCIA, falando de darlle unha oportunidade aos nosos fillos, falando de non permitir que o noso RURAL desapareza, falando de construír un Xinzo mellor que é o verdadeiramente importante.

Espero poder aportar o meu grao de area para mellorar a Nosa Provincia, o noso rural tan esquecido e sobre todo para mellorar o meu concello de XINZO de LIMIA.