A xira ourensá d'Os minhotos fará parada en Vilar de Santos

OsMinhotos5
A xira ourensá d'Os minhotos fará parada en Vilar de Santos

O grupo galego actuará este sábado na Arca da Noe.

O grupo Os minhotos fará unha mini-xira por terras ourensás esta fin de semana. O primeiro dos concertos será este venres, 2 de xuño, dentro da 13º edición do Venrespirar –Festa Tradicional Itinerante– que terá lugar na Ponte Vella de Ourense. As actividades do Venrespirar comenzarán ás 20:00 horas con actividades para os máis cativos dentro do Venrespiriño e a partir das 22:00 horas iniciará o concerto d'Os minhotos.

Os minhotos defínense como o "son acadado e consolidado por un entender a nosa música tradicional"

Así mesmo, o sábado 3 de xuño, a cita será na Limia. A Arca da Noe –no concello de Vilar de Santos– acollerá un novo concerto do grupo galego a partir das 22:00 horas. Os minhotos interpretarán novos temas e parte do repertorio do seu traballo discográfico Pinga d'auga. Nesta actuación presentarase a nova incorporación do grupo, a gaiteira Carme López que, ademais de tocar a gaita e a requinta, é interprete vocal e percusionista.

Os minhotos defínense como o "son acadado e consolidado por un entender a nosa música tradicional, un xeito propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega". Levan moitos anos adicados ao mundo da música tradicional galega, tanto no eido do ensino como no da construcción de instrumentos musicais.

Minhotos2016

Combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete. O seu repertorio e variado e alterna a música de autor coa tradicional.

Son o resultado do aprecio de cinco músicos galegos pola música do seu país, Galiza; "sen aditivos tanto na forma coma no fondo", afirman.