Ollo coas loterías ilegais
Non foi o timo da "estampita", pero case. Contan que nunha partida de tute cabrón onde se xuntan coma case todos...
Non foi o timo da "estampita", pero case.
Contan que nunha partida de tute cabrón onde se xuntan coma case todos os venres e sábados pola noite -o enterrador- o lagunero- o molinero- o maestro, branca neves e o rei león, todo marchaba co cachondeo normal da partida ata que esta se para, por mor de que un dos xogadores quere comprobar o resultado da Once, para ver si lle tocara un boleto que xogaba. Cando o mirou, resulta que non só non era dos cegos, senón que llo venderan do día anterior.
O cachondeo foi tanto, que a partida case se suspende, e o interesado non bufaba por non lle ter tocado, que dende logo non o ía cobrar, pois era dunha organización ilegal denominada O.I.D., senón, como dicía el por ser timado. Que se lle vai facer . Outra vez será, pero como dicía o do conto: a próxima cómprao legal, e do día.