Un traballador ferido grave tras caer dende un tanque de gasóleo en Parada de Ribeira
21:13 01/04/16
21:13 01/04/16
Os feitos aconteceron pasadas as 10h desta mañá cando un home caeu ó chan dende un tanque de gasóleo mentres estaba traballando.
O suceso tivo lugar nas proximidades da canteira de Oca, á altura de Parada de Ribeira. Foi un particular quen deu aviso ó 112 Galicia. De seguido presentáronse efectivos de Urxencias Médicas e Protección Civil de Xinzo alertados polo CAE 112 Galicia.
O ferido foi trasladado ó Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.