Dos labores do fogar ao taller de arte
Onte pola mañá inaugurouse en Os Blancos, unha exposición de pintura coas obras de varias mulleres apaixonadas pola pintura.
Dos labores do fogar ao taller de arte
Estas mulleres artistas, son mulleres apaixonadas e inquedas dentro do mundo da creatividade. Así, despois dos labores do fogar e coidar da horta asisten a clases de arte.
O evento de inauguración estivo animado por estas mulleres e un pica pica abundante.


As súas obras máis ou menos costumistas e/ou abstractas expresan a creatividade de maneira única.




Outros talleres
Estas mulleres e outras máis tamén asisten a clases de ximnasia, pandeireta, gaita ou outros instrumentos. Actividades que pretenden animar o seu día a día fóra da casa. Estas clases están organizadas por un grupo de profesionais de Cáritas e felicitan a estas mulleres polo seu gran traballo.