O Esquecemento 2023 entregou os premios a construción de casetas

Gañadores do Esquecemento 2023
O Esquecemento 2023 entregou os premios a construción de casetas

A organización valorou como a mellor das construcións do campamento das XXIII edicións da festa.

A poucas horas do peche do campamento e da festa as sensacións non poden ser máis positivas. Dende a organización valoran a mellora nas construcións tanto na parte romana como na castrexa, pero o público que visitou o campamento durante os días da festa, sobre todo quedou sorprendida coas construcións castrexas.

A nivel económico tamén os organizadores falan de récord de participación, tanto por parte da hostalaría como do comercio e empresarios.

A nivel de público asistente tamén se valora moi positivamente. Algunhas fontes de hostalaría da praza maior comentaron que o sábado foi máis positivo que o domingo oleiro.

Polo tanto, larga vida a Festa do Esquecemento, sen dúbida, como dicía o presidente de Cívitas na presentación da exposición, xa é a segunda festa en importancia en Xinzo, despois do Entroido.