Dis que din que ao alcalde de Os Blancos non cala

Jose Manuel Castro
Dis que din que ao alcalde de Os Blancos non cala

O alcalde de Os Blancos, Jose Manuel Castro, foi un dos invitados ao palco onde se estaba celebrando a misa da Festa da Saínza, xunto con varios mandatarios da Limia. Pero segundo nos contan nun momento da mesma, cando estaban interpretando unha das cancións da misa, a interprete tivo que parar de facelo e solicitar do alcalde que deixara de falar, en aras a poder seguir coa concentración que se require nestes casos.

Cando a un se lle invita a un acto institucional ten que gardar a compostura que se require. Aquel non era precisamente o sitio nin o momento de manter unha conversa, e si non lle apetece, pois non se acepta a invitación.