ANTONIO PEREZ "O CHAVELLEIRO" Y LA MANO NEGRA

la mano negra chavi
ANTONIO PEREZ "O CHAVELLEIRO" Y LA MANO NEGRA

“O CHAVELLEIRO” , O ALCALDE MAIS INVERSIONISTA E MAIS SENTENCIADO DA HISTORIA RECENTE DE XINZO. Estimado Sr.Alcalde Poderíase dicir: “ estaba...

“O CHAVELLEIRO” , O ALCALDE MAIS INVERSIONISTA E MAIS SENTENCIADO DA HISTORIA RECENTE DE XINZO. Estimado Sr.Alcalde Poderíase dicir: “ estaba no peor sitio, no momento menos oportuno”. Según un medio de comunicación dixo fai dous meses que “parece que hai algunha mau negra” que lle tocou a vostede. Hoxe mais que nunca ou iso, ou que o viu un torto, ou algo así. Sobre estes ditos, pódelle preguntar o seu compañeiro de corporación exprofesor de galego, que destes de aldea, sabe moitos. Si non era pouco o que tiña ata agora, para comezar a recta final do seu mandato, o mesmo xuíz que xa sentenciou en contra as súas actuacións dúas veces, agora dí que as "opos" de dúas persoas da súa confianza están mal. E non serei eu o que diga o contrario, pero tamén e ter o aire en contra.Dende fai 35 anos, todas as oposicións dos concellos de todo tipo e as da Deputación, foron feitas co xurado calificador nomeado a “dedo”. E precisamente vaille tocar a vostede agora. O que dicía, ou mala pata, mal fario ou…. Mau negra, se non non se explica. Eu opto pola última, pero non como vostede a interpreta, se non que esa mau ten nome e apelidos. Acórdese vostede das partidas de póker. As veces e mellor votarlle arrestos e facer o que vostede pretendía co persoal do concello,polo menos neste momento a situación sería diferente para o Concello, aínda que fora a mesma para vostede. Polo menos iría ca cabeza erguida por o deber cumprido, deixouse levar por “cantos de sirena”, e mira a onde chegamos. Non fixo o que quería, ten o Concello endeudado, o persoal desnortado e aínda encima xudicializado. Como digo o principio, vostede que presume de ser o alcalde que mais cartos trouxo para Xinzo de tódalas administracións , e os datos parece que así o atestíguan, vai e tamén ten o “honor” de ser o mais xudicializado e con primeiras e segundas sentenzas en firme, contrarias aos intereses do noso Concello. Isto non siñifica que vostede o fixera de diferente maneira ou peor que os outros anteriores, se non que non contou vostede con quen tiña que contar para facelo. Mala sorte, ou como dicía malos” conselleiros”, que non concelleiros. O problema ben agora, quen vai a defender ó Concello si a avogada defensora é agora avogada acusadora?....