A importancia de coidar os Servicios socio-sanitarios para a saúde e o benestar

A importancia de coidar os Servicios socio-sanitarios para a saúde e o benestar

Grazas ás 41 persoas que participaron o pasado venres, 20 de Outubro, na charla do D. Álvaro de Castro, médico titutar de Sandiás sobre a importancia de coidar os servizos socio-comunitarios.

Aproveitando a apertura do Proxecto de Dinamización Comunitaria levado a cabo pola concellería de Xustiza e Participación Cidadá, levouse a cabo entre o concello e a casa do Maior, “Casa dos Avós” (Santa Ana), a cabo charla sobre a Cronicidade e os servizos socio-comunitarios.

O doutor Álvaro Castro resaltou a importancia en xeral dos servizos socio-comunitarios nunha comunidade de veciñ@s como os bancos, farmacias, supermercados, casas do maior, vivendas comunitarias e outros. Concretamente destacou a relevancia dos especificamente relacionados coa saúde e o benestar como lugares onde socializar, compartir experiencias, dialogar e así rachar coa soidade.

Falou tamén das diferenzas entre as enfermidades crónicas e agudas explicadas didácticamente a través da mostración das diferentes partes do corpo humano. Indicou que hai moitas posibilidades de enfermar crónicamente nos concellos onde a xente maior é prevalecente.

A concelleira Pilar Cabrera ademáis de presentar a iniciativa colaborativa entre o concello e a “Casa dos Avós” e a charla aproveitu tamén para indicar que este Proxecto de Dinamización Comunitaria está aberto a todos os públicos a partir do 20 de Outubro, os venres de 16.00 h a 20.00 h.