A “Casa dos Poetas” de Celanova convoca un concurso de poesía
20:35 03/10/23
20:35 03/10/23
I Premio de Poesía “ACOUGA Casa dos Poetas”
A Fundación Curros Enríquez de Celanova ven de convocar o 1º concurso de poesía en lingua galega. O prazo de presentación dos traballos rematará o 31 de marzo do 2024.
O premio único será de dous viaxes totalmente pagadas a Riveira Maya. Os traballos terán unha extensión mínima de 300 versos orixinais.
Para coñecer as bases completas prema aquí.
O principal obxectivo deste concurso de poesía e a consolidación de Celanova como unha das principais vilas literarias de Galicia, contribuíndo así a reforzar o coñecemento de figuras tan destacadas da literatura galega como Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Luis Méndez Ferrín.