Dis que din que todos coñecen o sentido do humor de Manolo Conde

Manolo Conde , alcalde de Vilar de Barrio
Dis que din que todos coñecen o sentido do humor de Manolo Conde
Pero o demo as veces fai das súas

De todos é coñecido o sentido de humor e a retranca que ten e utiliza o alcalde de Vilar de Barrio, Manolo Conde, nas súas intervencións.

Onte nunha das súas intervencións na festa da pataca, nos agradecementos, para darlle as gracias a COREN, pola a achega gratuíta de máis de 1.000 ovos para a cea do sábado, medio se atrancou para dicir que “non me doe dicilo” para darlle as gracias a compañía. Algúns dos presentes apuntou a que “non solo non lle deberían doer, cando colaboraron con todo o que lle pediu” se non todo o contrario. Xa ve, Sr. Alcalde, que as veces as frases, non pensadas, non sentan ben a todas as persoas, sobre todo nesta provincia e nesta comarca na que un porcentaxe moi alto de agricultores e gandeiros viven e comen arredor desa empresa.