Realmente Xinzo necesita un auditorio?

Realmente Xinzo necesita un auditorio?

Sei que con este artigo, vou a crear moita polémica, non solo no ámbito musical e teatral, se non tamén político, porque todos os partido levaban no seu programa electoral un auditorio novo para Xinzo. Pero, non será mellor ser realistas, ante algo que a maioría sabemos que non vai a ser posible?

O sábado pasado celebrouse en Xinzo a 9ª edición do Festival de bandas de música. Primeiro actuaron os membros da Chikiband e despois os da Agrupación Musical da Limia, para rematar o chamado Festival coa actuación da banda de Burgo de Osma en Soria. No medio do festival, como é de protocolo intercambiáronse agasallos por ambas partes, actuando neste caso como primeira autoridade Antonio Fernández Viga, ante a ausencia xustificada do alcalde.

Na metade do festival, momento que reflexa a instantánea este era o aspecto do “patio de butacas” do auditorio de Xinzo. Como dicían algúns dos presentes, nin os familiares dos que actuaban estaban véndoos.

Real e tristemente, había máis persoas no escenario que vendo a actuación.

Supoñemos que cando os membros da banda de Soria accederon a invitación da agrupación de Xinzo, e sendo a 9ª edición do chamado festival, quedarían encantados, e así se puxeron mans a obra para viaxar os 400 Km, mais menos, que nos separan para actuar ante 20 persoas. Que imaxe e idea levarían de volta cara a súa terra?

E ante esta e outras situacións a pregunta é a que se facía ao principio. Xinzo ten necesidade dun auditorio, ou ten necesidade dun auditorio axeitado as nosas necesidades, pero que estea realmente como ten que estar no século XXI?.

En vez de tratar de conseguir a financiación de mais de 3 ou 4 millóns de euros, máis o mantemento posterior, non sería mais fácil conseguir 200 ou 300.00 € ,e modernizar o que temos?. Aumentar e adecuar o escenario aos tempos que corren. Poñer aire acondicionado e calefacción, de verdade. Preparar para unha boa audición, uns bos camerinos detrás, e preparar para subir materiais, e por suposto cambiar as “sillas” para por butacas de auditorio de verdade?.

O mellor, isto é moito mais fácil de conseguir e moito máis operativo.