Moita música e moito terror no Samaín de Xinzo

Cartel Samaín 2023
Moita música e moito terror no Samaín de Xinzo

A programación conta con actividades pensadas para tódalas idades e públicos, dende as 17:00 horas ata ben entrada a noite.

O Samaín 2023 comezará ás 17 horas co espectáculo de rúa “A Lenda da Chorona", na praza maior. Entre lusco e fusco, a A.C. Civitas Limicorum, que sempre colabora con este evento, faranos partícipes da historia do Samaín a través dos contos. Dende as 18:30 horas haberá meigas soltas polo barrio de abaixo, e seguidamente, o grupo Faylinn porá a nota musical nun concerto de estilo pop-rock a partir das 20 horas. Para rematar a terrorífica xornada, haberá disco móbil na praza maior cos DJs Saúl Gallego e Pablo Marques ata ben entrada a noite.

O Concello de Xinzo de Limia convida á veciñanza a acudir indumentados coa temática do Samaín.

A festa está programada dende a concellería de Participación Cidadá, festas e Xuventude que leva o concelleiro do grupo do PP Ricardo Sieiro