Sandiás presenta as rutas interpretativas de avistamento de aves

Sandiás presenta as rutas interpretativas de avistamento de aves

No outono e inverno visita #AreeirasdeSandiás. Miles de aves pasan a invernada connosco. No 14 de Outubro, Día Mundial das Aves Migratorias goza dun espectáculo natural único vinculado o turismo ornitolóxico.

Dous dos mellores lugares para practicar #turismoornitológico na provincia de Ourense están no #ComplexohúmidoLimiaAntela e, concretamente, nas #AreeirasdeSandiás. Xa no 2016 o programa #GaliciaBirding posto en marcha pola Xunta na web https://www.turismo.gal/.../os-mellores-lugares/a-limia... recomendaba a #Limia como un dos destinos galegos máis adecuados para a observación de aves. O portal propuña aos interesados un total de catro roteiros pola comarca onde poder visualizar e fotografar as aves máis características da zona.

cats

Continuando por esa senda, o #ConcellodeSandiás a través do proxecto Ruta de Aves polas Areeiras de Sandias subvencionado no seu momento pola #axenciagalegadeturismo, ven de señalizar roteiros para a observación de aves na zona das areeiras. A ruta e de fácil acceso dende a estrada principal, ten en conta os percorridos das rutas de Galicia Birding, inclúense os dous observatorios de aves existentes, a distancia e dificultade está adaptada a unha gran variedade de usuarios, dende nenos ata persoas de avanzada idade con 5,5 km e desniveis case inexistentes. A ruta é ciclable e percorre as marxes das areeiras cun proceso de restauración máis avanzado. Percorre ambas marxes da Canle Principal da Lagoa de Antela (Espazo Rede Natura).

Cando as mellores cousas, están moi #pretiño de nós. Podemos #gozalas, velas e #coidalas. Achégate ata ás #AreeirasdeSandiás para unirte coa natureza. Déixate marabillar pola fauna e vexetación da zona e percorre as rutas sinalizadas e #disfruta #contemplando a #fauna e a #flora nos #ObservatoriosOrnitolóxicos ou outros puntos de avistamento de aves.