A CHMS construirá unha obra de paso sobre o río Bidueiro no municipio ourensán de Rairiz de Veiga

Pte. CHMS e Alcaldesa
A CHMS construirá unha obra de paso sobre o río Bidueiro no municipio ourensán de Rairiz de Veiga

O investimento estimado superará os 190.000 euros

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, rubricaron hoxe o convenio para o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e entrega das obras do proxecto de construción dunha ponte sobre o río Bidueiro en Ponte Catuxa.

Momento da firma
Momento da firma

A obra de paso existente, de pequena entidade e en moi mal estado de conservación, consta de catro tubos paralelos de formigón, cubrindo un leito que ten aproximadamente 12 metros de anchura total. As actuacións futuras consistirán na demolición da obra de paso inicial para a execución dunha nova, cuxa forma e tipoloxía definirase no correspondente proxecto construtivo; a nova ponte salvará o leito sen apoios intermedios, coa capacidade hidráulica que esixe a normativa.

“En aras da colaboración entre administracións, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará e executará estas actuacións que precisan dun investimento aproximado de 190.000 euros” concluíu Quiroga.