Xinzo "exporta" profesorado de Gaita e Percusión a Europa

Xoan losada en Suiza
Xinzo "exporta" profesorado de Gaita e Percusión a Europa
O noso profesor Xoan Losada, atópase impartindo clases maxistrais de Gaita e Percusión en Suiza

O mestre da Escola municipal de gaitas e percusión do concello de Xinzo de Limia, e tamén director musical da Banda de Gaitas deste mesmo concello, Xoán Losada, atopase dende o día 6 e ata o 16 deste mes de Outubro, en terras Helvéticas, concretamente na cidade de Zürich, onde xa leva impartindo clase xa fai 20 anos. Xoán viaxa normalmente no mes de Outubro a esta cidade do cantón alemán para impartir un curso intensivo de gaita e percusión, que normalmente viña tendo unha duración de 15 días, aínda que este ano 2023 soamente será de 10 días, según nos comenta este músico limiá.

-Xoán, cóntanos a quen lle das clase de gaita e percusión en Suíza?

IMG-20231011-WA0008

Pois dou clase na Asc. "As Xeitosiñas," que é un grupo bastante numeroso que conta cunha Banda de Gaitas e un grupo de baile. Esta agrupación ten tamén o que se pode considerar un centro galego. Conta con un restaurante onde maioritariamente se reúnen alí galegos ou españois en xeral, normalmente cara fin de semana.

Na banda, que é o que a min me atañe, hai rapaces e rapazas descendentes de galegos maiormente, aínda que tamén hai asturianos, andaluces, madrileños, etc.……. Este grupo ven de cumprir 43 anos de vida, e fai 3 coincidindo co 40 aniversario, publicaron o seu primeiro disco.

Por aquí xa pasaron varias xeracións de algunhas familias, e para min son xa despois de 20 anos, a miña familia tamén.

Pois moitas grazas Xoán por atendernos, e desexarche que teñas unha moi boa estancia por aí, e non esquezas traernos uns chocolatiños.