Máis lámparas led en Sandiás

Máis lámparas led en Sandiás

O concello continúa coa instalación de tecnoloxía led no interior das aldeas de Sandiás e na Patomela cunha inversión de preto de 40.000 euros

Despois de varias fases de instalación de máis de 500 puntos de tecnoloxía led en case todas as aldeas do concello, na séptima fase executouse a instalación led no interior da aldea de Sandiás e na zona da Patomela.

En total 90 puntos led cunha inversión de 37.443,81 Euros aportados na súa maioría polo Fondo de Compensación Ambiental (Xunta de Galicia) e 7.000 Euros polo Concello. En total, a suma das inversión totais ata o momento ascende aproximadamente a máis de 300.000 euros. Operarios especializados pertencentes a empresa Elyte levan a cabo os traballos de instalación.

Con esta nova tecnoloxía LED o concello adapta de xeito progresivo as instalacións á normativa vixente e aos niveis de iluminación regulamentarios, gana en sustentabilidade ambiental, na mellora da eficiencia enerxética e nun significativo aforro económico que se poderá destinar a outros proxectos sociais e de servizos do concello.