Xa pasaron 100 días con novo goberno municipal

Xa pasaron 100 días con novo goberno municipal

La "dama roja" comenzó a enseñar las garras

Este fin de semana, máis ou menos, pasaron os 100 primeiros días dende que o pacto entre o PP e Axil, deu forma ao novo goberno presidido por Amador Díaz como alcalde e Antonio Fernandez (Toni) como tenentes de alcalde. Xa pasaron suficientes días para saber como actúan cada unha das partes do goberno, e xa nos demos conta, béeno xa o sabíamos, que no goberno hai dúas persoas no mesmo que poderíamos dicir que son os homes fortes de cada unha das formacións que o conforman. Por parte do PP temos a Carlos Gómez, con ampla experiencia na vida municipal e autonómica e pola outra banda a Moncho, con experiencia tamén na vida municipal, pero que cada un inflúe de maneira diferente.

A verdade e que tendo o mes de agosto polo medio, tampouco podemos analizar o goberno polos feitos xa realizados, cuestión que faremos cando chegue o Nadal, a ver si xa se notan as promesas electorais, que en definitiva foi o que fixo que estas dúas forzas fixeran o pacto.

O que si cambiou, e moito, foi a maneira de facer política dende as bancadas da oposición. Durante os catro anos pasados o goberno presidido por Elvira Lama non tivo oposición activa de ningunha maneira. Xa Toni dicía “O PP non sabemos facer oposición, pero si sabemos gobernar. Por este motivo dicimos que a oposición, practicamente non existiu, pero isto xa mudou e de que maneira.

Os concelleiros do BNG, como di o seu portavoz, están aprendendo a facer oposición. Primeiro teñen que se enterar eles de que vai esta “historia” e de momento están a facer unha oposición de baixa intensidade. Pero non así na bancada do PSOE onde Elvira Lama - La dama roja xa comezou a ensinar as súas garras. Non esquezamos que Elvira leva moitos anos exercendo a oposición na Deputación provincial e pasou polo goberno de Xinzo durante catro anos, co que sabe, non solo como ten que facer como oposición, se non que sabe todos os entresixos da administración municipal polo que, como vimos xa neste pleno, presentou dúas mocións de urxencia que colleu desprevidos ao grupo de goberno e no tocante as preguntas, sabe perfectamente que é o que ten que preguntar. Tamén sabe usar os medios de comunicación para que a súa acción non quede esquecida. Isto lévanos a pensar que vamos a ter unha lexislatura moito máis atractiva e áxil que as pasadas. Isto é de agradecer, sobre todo polos medios de comunicación, posto que desta maneira vamos estar moito máis activos. E isto fará que o goberno municipal estea preparado para ver de onde lle van a vir os “tiros”, políticos, loxicamente.