Semana de moita actividade en Xinzo

Semana de moita actividade en Xinzo
O martes celebrarase o SAMAÍN a partir das 17:30, do xoves ao sábado presenza en Xantar 2023 e o sábado certame de corais de música popular

A semana que entra vai a ser unha das máis cheas de actividade do outono, comezando o mesmo martes coa celebración do Samaín que tratará de “meter medo” a todos os que se acheguen a praza Maior e aos que visiten o casco vello.

Segundo o concelleiro responsable, Ricardo Sieiro, non tivemos moito tempo, pero pensamos que será o mellor Samaín dos que se celebraron en Xinzo, pero solo o principio dos que virán.

A primeira das actuacións chegará ás 17:30 con animación da rúa co espectáculo A LENDA DA CHORONA. A continuación Civitas Limicorun organiza un contacontos sobre as orixes da festa do Samaín.

Polo Barrio de abaixo, AS MEIGAS, farán das súas intentando amedrentar aos máis e aos menos pequenos.

De volta a praza Maior ás 20:00 haberá u concerto a cargo do grupo FAYLIN e despois a partir das 22:30 a música porana os Djs SAÚL GALLEGO e PABLO MARQUES. Desta maneira cando a xente se canse, rematará o SAMAÍN 2023.

PRESENZA EN XANTAR

Como nos últimos anos o concello estará presente na feira Xantar cun stand sobre as festas e o turismo do concello e o xoves, día da inauguración de 8 a 9 haberá unha degustación de petiscos elaborados con produtos da terra. O stand estará aberto durante os 4 días que dura a feira.

SÁBADO MUSICAL

A semana rematará coa XIII edición do Festival de coros de música popular CORALIMIA 2023

Nesta edición acompañarán ao coro local CORO AIMIL as agrupacións musicais CORAL DE RUADA de Ourense e REAL CORO TOXOS E FROLES de Ferrol.