As patacas as festas Entroido Esquecemento e o patrimonio, móstranse
no stand da feira de Xantar.
Onte a tarde na inauguración da feira de Xantar estiveron
presentes no stand, que o concello ten na feira, todos os
membros do equipo do goberno. Ningún membro da oposición estivo presente nin no
acto de inauguración, nin na degustación programada dentro dos actos da feira.
ATENDENDO AOS VISITANTES
Amador Díaz, alcalde e Moncho Gómez estiveron durante
momentos da tarde atendendo xunto coa persoa encargada ao público que se
achegaba ao stand, como neste momento no que unha parella, Marcos e Ruth, recen
aterrada de Tenerife se achegaron, non solo para probar as patacas fritas, se
non tamén para saber máis, sobre todo do ciclo do Entroido. Loxicamente a
conversa pasou a comparación do Carnaval de Tenerife e o Entroido de Xinzo.
DEGUSTACIÓN DE PATACA CON CARNE ESTOFADA

Ás 20:00estaba programada a degustación de pataca da Limia
con carne de tenreira nunha das salas preparada na feira a que acudiron
visitantes da feira.
