Aimil Folc celebrou o seu 20 aniversario

As tres corais interpretando o Himno Galego
Aimil Folc celebrou o seu 20 aniversario

Xuntou ás dúas corais máis representativas de Galicia, Coro Toxos e Froles de Ferrol e Coral de Ruada en Ourense

A tarde fría trocouse amigable ao escoitar as tres formacións que compuñan o cartel da XIII edición do festival CORALIMIA 23. Nesta ocasión o escenario foi a Igrexa Nova, na que os asistentes desfrutaron coas interpretacións das tres corais, sobre todo como non podía ser doutra maneira, coa do coro AIMIL FOLC de Xinzo que cumpría 20 anos de existencia.

ENTREGA DE AGASALLOS

Antes de rematar o festival o alcalde Amador Díaz, acompañado do concelleiro de Cultura Carlos Gómez e da ex alcaldesa Elvira Lama fixéronlle entrega de agasallos conmemorativos do día de onte e por outra banda o director do coro de Xinzo e fundador do mesmo Fernando Dopico recibiu tamén outra figura conmemorativa do cumpreanos da formación.



Nas sas palabras de agradecemento non deixou de reclamar unha vez máis o auditorio para Xinzo.

BROCHE DE OURO MUSICAL

Para rematar o festival, antes de irse a unha celebración privada, na que non faltaron loxicamente cantigas “a capela” a tres formacións participantes dirixidas polo director coruñés, ofrecéronlle ao público a interpretación do Himno Galego.

O público obsequiou ás tres formacións un longo e efusivo aplauso.