Magosto popular en Porqueira, este ano ata con marisco

Susana Vázquez repartindo os manxares do magosto
Magosto popular en Porqueira, este ano ata con marisco


Ademais dos 500 asistentes Susana Vázquez estivo acompañada de dous Conselleiros do Goberno Galego







Onte celebraron  o magosto, como é tradición, a pesar do temporal. Xuntáronse algo mais de 500 veciñ@s coa asistencia da conselleira de promoción de emprego, traballo e igualdade ( Elena Rivo) e o Conselleiro do mar( Alfonso Villares). Coa presenza do conseleiro do mar  desprazouse ata Porqueira a foodtruck Galicia sabe a mar, con moitisimo éxito. Ademais dos chourizos, a panceta e as castañas, este ano tamén houbo degustación de produtos das nosas rías.


Lembrando que o progreso de Galicia foi sempre froito da cooperación e do traballo colaborativo, especialmente no rural da Comunidade, a conselleira puxo en valor que esta cita siga implicando ás veciñas e veciños de Porqueira e celebrándose ano a ano. Tamén que saiba combinar a tradición deste tipo de eventos coa conciliación, ao garantirse un espazo de lecer para o desfrute dos máis cativos.