Derrota inmerecida na Moreira

Antela-
Derrota inmerecida na Moreira

O Antela volveu a perder ante os seus seguidores



A pesar das condicións climáticas destas semanas o campo da Moreira atopábase en perfectas condicións para xogar un partido de moita transcendencia para o equipo local, pois os resultados do Antela na casa foron ata o de agora malos.

A primeira parte foi claramente para os visitantes, mentres que a segunda pertenceu por dominio local.


Aínda co dominio do equipo visitante o Antela adiantouse no minuto 15 por mediación de Tumbeiro. A raíz do gol os branquinegros baixaron a intensidade  e o 1-1 chegou no minuto 38 nunha clara fora de xogo de Soto, que non obstante foi o marcador do segundo gol do visitante faltando un minuto para o remate da primeira parte, indo o equipo local 1-2 ao descanso.





Na segunda parte o Portonovo meteuse atrás e todos os intentos de empatar ou gañar, foi imposible. A impotencia levou a acumulación de tarxetas aos xogadores locais, 5 en total no partido, con unha expulsión.

 Neste momento o equipo encontrase en zona de descenso tendo que viaxar o próximo fin de semana a Cambados.