Os sénior do A.B. Xinzo case dan a "campanada"

Os sénior do A.B. Xinzo case dan a "campanada"


No partido ante o PBB Porriño, equipo que chegaba a Xinzo invicto e marchouse tamén

O partido que serviu de homenaxe a J.Luis “Francés” comezou con boas vibras cando no minuto 5 o equipo local gañaba de 7 puntos.


Loxicamente o Porriño que chegaba invicto na competición, moito máis tranquilo foi facendo o seu xogo ata chegar moi empatado ao fin dos 40 minutos, no que os nervios atenazaron aos xogadores do A.B.Xinzo que erraron moito nos tiros libres escapándoselle entre os dedos unha vitoria que houbera significado moito.

A semana que ven iranse ata Poboa do Caramiñal para tratar de arrincar unha vitoria antes de rematar a primeira volta.


A mesma sorte foi para o equipo Sénior feminino que perdeu no seu desprazamento a Vilagarcía, partido no que non puideron ter o apoio das xogadoras júnior que  habitualmente forman parte do equipo.

NAS CATEGORIAS BASE MELLORES RESULTADOS

As chicas júnior desprazaranse e gañaron en Ourense contra o Depordima, e os Cadete Masculino perderon na casa contra os invitos da categoría o COB.

Os infantís 2010 masculino e feminino gañaron os seus respectivos encontros  contra o ABO e o Blanco Amor. Recordar que con estes resultados o equipo feminino conta os 3 partidos disputados con 3 vitorias e o feminino dúas de tres.


Os Minis 2012 Masculino e feminino perderon os seus respectivos encontros .

O resultado final da semana foi de sete vitorias e sete partidos perdidos.

VISITA A SANTIAGO

O próximo domingo a maioría dos compoñentes do club desprazaranse a Santiago para arroupar ao Obradoiro no seu partido de liga ACB contra o Baskonia.