O primeiro concurso de pinchos da hostalería de Xinzo en marcha

Última reunión para pechar os flecos do concurso
O primeiro concurso de pinchos da hostalería de Xinzo en marcha

20 premios de ata 250 € , máis unha gran cesta de Nadal

Preto de 20 establecementos de hostalería de Xinzo participarán na primeira convocatoria de pinchos elaborados como principal a pataca.

Esta tarde estiveron dando os últimos retoques as bases e a maneira de desenrolar a campaña que durará dúas semanas de xoves a domingo. O comezo será o 23 de novembro e rematará o 3 de decembro.

ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Esta tarde a maioría dos participantes reuníronse cos responsábeis municipais no IES Lagoa de Antela para asistir a unha xornada na que profesionais  vidos de Lalín e Vigo presentaron varias propostas, como punto de partida para a elaboración dos pinchos.

PREMIOS PARA CASE TODOS OS PARTICIPANTES

Cada persoa que queira participar recollerá no primeiro establecemento un cartón no que aparecerán un número de casillas igual aos participantes. En cada establecemento porán un selo e ao selar a totalidade ou un número que se determine, deixaranse os cartóns nunha furna que haberá en cada establecemento e farase un sorteo final de campaña.

Ademais de varios premios de 50, 10 e 250 € haberá un premio final dunha  enorme cesta de Nadal. O valor dos premios será entregado aos gañadores para que se gasten en establecementos de Xinzo, tanto de hostalería como comercio.

Esta semana comezará a campaña a través de carteleiras e de redes sociais. O custe total da campaña será por conta do Concello.