O CDR O Viso bota a andar ALUMAR, unha acción de solidariedade entre a
veciñanza que persegue encher de luz e ilusión o nadal das persoas que están
soas.
Serán 23 as persoas que terán, por fin, un nadal diferente.
Lucía Novoa, presidenta do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso explica que
“escollemos esta cifra por que ten o simbolismo de ser o ano que despedimos e
queremos que sexa un ano que estas persoas recorden”.
A i
niciativa ALUMAR busca poñer en contacto a persoas e familias voluntarias
que lle fagan un regalo especial a persoas, xeralmente maiores, que viven soas
e coas que o CDR está traballando nalgúns dos seus programas de carácter
social. O equipo de profesionais do Viso xa iniciou a fase de explorar os
desexos das persoas maiores, quen escribirán unha carta explicando como son e
que queren. Esa carta chegaralle ás persoas voluntarias, que despois buscarán o
regalo ideal que finalmente lle chegará, nasa vésperas do nadal, ás casas das
persoas que conviven coa soidade. Lucía Novoa compárao coa natureza: “queremos
que tódalas nosas veciñas e veciños esperen o nadal coma esperamos a chegada
dos paporroibos neste tempo de xeadas, con ledicia e asombro porque os días
volverán medrar”.
Necesítanse 23 persoas ou famílias
O CDR busca agora ás persoas e familias voluntarias, que serán igualmente 23.
O
prazo límite para inscribirse será o día 15 de novembro. Novoa confía no poder
da comunidade como correctora dos problemas que xorden “de sempre no rural nos
axudamos unhas casas ás outras e isto é exactamente iso, axudarlle a alguén a
prender o lume da ilusión do nadal despois de telo
apagado moito tempo”.