Debate sobre os Medios de comunicación e a política

Debate sobre os Medios de comunicación e a política


Sábado 11 ás 17:00 no Museo da Limia




Este sábado o Museo da Limia, vestirase de longo  para recibir a uns dos escritores galegos e limiá, máis reputados, que virá a presentar o seu libro “Medios e políticos, baixo sospeita 1920-2023”.


Luís Álvarez Pousa, naceu en  Vila de Rei (Trasmiras). É profesor titular de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixe a revista mensual de información e opinión para o debate Tempos Novos, que impulsou e creou canda outras 150 persoas de toda Galicia no ano 1997.

Sobre o libro e sobre o autor están escritas as opinións do tamén xornalista galego Ignacio Ramonet e o catedrático e político Xosé Manuel Beiras.

Ignacio Ramonet di: “O autor, no seu novo libro, establece de modo definitivo, cun catálogo abafador de feitos, datos e exemplos, a proba por ADN de que a relación dos medios e os políticos é tóxica”.

E Xosé M. Beiras comenta:“A farturenta manchea de textos recollidos neste volume son a testemuña viva e a irrebatíbel proba da insubornábel afouteza e diáfana visión de Luís Álvarez Pousa no exercicio do labor dun xornalista auténtico na sociedade na que lle cadrou vivir: o do xornalismo de combate democrático”.

POSTERIOR COLOQUIO

Unha vez rematada a presentación do libro haberá un coloquio moderado  por Sara Ruíz do Museo da Limia con representantes de medios de comunicación locais da Limia e Carballiño.