Foi un día de sorte

Foi un día de sorte

As negocións entre a Xunta e a Diputación cos Bombeiros Comarcais seguen paradas.

Despois do acontecido esta mañá, Remi Diaz, bombeiro do Parque da Limia, quere por de manifesto que hoxe foi un dia de sorte, xa que o parque se atopaba aberto e habia 3 efectivos. Fai 2 días a situación era outra, o parque estaba pechado e se houbera sido nesas datas moi posiblemente tiveramos que lamentar unha perda maior na empresa Yvyra. 

Os Bombeiros Comarcais levan en folga e en negociacións coa Xunta e coa Dipútación de Ourense dende fai mais de 5 meses. Reclaman unha mellora das precarias condicions laborais, tanto salariais como de medios e persoal. Piden a creación dun convenio único para todos os bombeiros comarcais galegos, xa que a dia de hoxe son os peor pagados de todo o Estado.