A punto de abrirse a aula de estudio da Bibiloteca de Xinzo

A punto de abrirse a aula de estudio da Bibiloteca de Xinzo

Visitaron as obras o delegado da Xunta e membros do goberno local

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde, Amador Díaz, supervisou esta mañá as obras nas instalacións da Biblioteca Pública de Xinzo de Limia nas que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades inviste 23.000 euros para a mellora do seu equipamento ao amparo da liña  de axudas de 500.000 euros convocada pola Xunta para equipar e mellorar as instalacións e locais destinados a realizar actividades culturais de 41 concellos de Galicia.

As obras da biblioteca municipal de Xinzo de Limia consisten na consolidación dunha nova sala de lectura; un local que sirva para ampliar e que sexa froito dunha comunicación interna por escaleiras entre as dúas plantas co gallo de atender aos usuarios dun xeito cómodo e con conexión a internet.