​ As familias da Limia continúan preocupadas pola atención pediátrica na comarca.

Creada unha Plataforma cidadá pola consecución d@ pediatra para Xinzo

Reunión das promotoras onte a tarde
Creada unha Plataforma cidadá pola consecución d@ pediatra para Xinzo

As familias afirman que permanecerán á espera, polo momento, mais sempre de maneira activa e na procura de solucións.




Este venres pola tarde celebrouse a primeira reunión presencial dun grupo de traballo integrado por varias familias da Limia. 

Trátase dunha plataforma que xurdiu ante a preocupación e o malestar xerados pola ausencia dun dos profesionais pediátricos no centro de saúde de Xinzo. Despois de que o Delegado Territorial da Xunta e o Xerente da área sanitaria declarasen que intentarían solucionar o problema o antes posible, as familias afirman que permanecerán á espera, polo momento, mais sempre de maneira activa e na procura de solucións.

A finalidade principal que buscan é clara: loitar para que se cumpra o dereito de todas as nenas e nenos a seren atendidas e atendidos polos profesionais sanitarios correspondentes e nun prazo de tempo adecuado.