O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás renova elementos técnicos

Novos paneis no centro
O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás renova elementos técnicos

Preto de 7.000 € investiu o concello de Sandias 


O Centro de Interpretación da Lagoa é un centro formado por unha serie de equipamentos ou elementos técnicos dirixidos a ofrecer unha lectura do patrimonio e a comunicalo. Hai elementos técnicos que se deterioran polo tempo e uso e outros permanecían inactivos durante moito tempo.

En concreto, na sala 3 de proxeccións, cambiouse o canón de vídeo sobre  pantalla grande moi desgastado e con fallos por unha gran monitor-pantalla de TV. Na sala 7 interactiva, púxose en marcha despois de moito tempo parada a Cámara IP teledirixida dende o centro de interpretación e que permite coñecer en tempo real o que acontece nas charcas monitorizadas das areeiras de Sandiás.

A instalación de novas cámaras  foi posible grazas a unha subvención de cultura da Xunta de Galicia por un importe de 2.997,62 euros, custando o proxecto total de instalación en torno a 3.784,88 Euros.

O Concello de Sandiás aportou diñeiro para a instalación de novos paneles solares para alimentar o funcionamento das cámaras por valor de 1.168,86 Euros e para a renovación do proxector da sala de proxección por un monitor-pantalla de TV cunha inversión de 1.633,50 Euros.