Ourense acolle esta fin de semana un seminario de comunicadores meteorolóxicos de España
O VI Seminario de ACOMET desenvolverase desde o venres ata o domingo, con charlas abertas ao público no Centro Cultural Marcos Valcárcel e no Liceo de Ourense
Ourense acollerá esta fin de semana un seminario onde participarán medio centro de comunicadores meteorolóxicos de toda España. Así, a Asociación de Comunicadores Meteorolóxicos de España, ACOMET, desenvolverá na provincia o seu VI Seminario a nivel nacional, que consistirá en diversas charlas matinais abertas ao público en xeral, que terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel e no Liceo de Ourense.
A Deputación apoia
esta iniciativa, que non só está pensada para divulgar a importancia da
comunicación meteorolóxica, senón que servirá tamén para amosarlles aos
participantes algúns dos enclaves máis singulares da provincia, como é o caso
da Ribeira Sacra. De feito, na presentación deste seminario estivo presente o
deputado provincial de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, así como por
parte da organización do Seminario de ACOMET asistiron tamén os comunicadores e
meteorólogos Susana Bayo e Marcos Tesouro, quenes animaron á veciñanza a
participar nas charlas previstas, tanto o sábado a partires das 10.00 horas no
Centro Cultural Marcos Valcárcel, como o domingo no Liceo, onde se profundizará
en asuntos como a meteoroloxía, a climatoloxía, ou cambio climático, entre
outros.