A avoa chamase María e é veciña de Rebordachá
Un neto dunha veciña de Xinzo, primeira cesarea en Ourense coa presenza do pai
― Á Área Sanitaria de Ourense ven de aprobar o protocolo multidisciplinar que posibilita o acompañamento durante a cesárea de quen a nai decida nos tres hospitais de Ourense, Valdeorras e Verín
O Hospital Universitario de Ourense acolleu o primeiro nacemento vía cesárea programada, na que a nai estivo acompañada en quirófano pola súa parella, medida que aporta beneficios para os pais-nais e recén nados, fomentando o apego, a lactación materna e o contacto pel con pel, ademáis de apoio emocional.
Wesley pudo acompañar a súa
parella, Fernanda, durante o nacemento do seu segundo fillo no que, a diferenza
do primeiro, ambos viviron xuntos un dos momentos máis importantes da súa vida,
“estiven moi feliz porque el estaba alí, deume moita seguridade e saíu todo moi
ben. Uunha moi boa experiencia para os dous”
Wesley o confirma coa mirada e subliña “estaba un pouco nervioso, pero
moi contento de acompañala e ver o nacemento do noso fillo”. Residentes desde
hai uns anos en Allariz, ambos proceden de Goiás en Brasil.
Esta iniciativa forma parte dun
traballo multidisciplinar, promovido desde a dirección da Área Sanitaria e
liderado polo Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, que permitiu poñer en
marcha un novo protocolo de acompañamento durante ás cesareas nos tres
hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras, e aprobado por todos os
colectivos profesionais implicados nestes procedementos, desde xinecoloxía, a
anestesia e reanimación e pediatría, ademais da supervisión de partos, matronas,
a dirección de enfermería e a de procesos asistenciais.
Acompañamento continuado nai-fillo
O obxectivo principal do novo protocolo é posibilitar o acompañamento de quen a nai decida durante todo o proceso, tamén cando o parto requira cesárea programada, non urxente, facilitando así que o acompañante participe tamén do contacto pel con pel nai fillo.
O acompañamento continuado nai e
fillo xa estaba implantado en Ourense desde hai anos, tanto nos partos vaxinais
como nas cesáreas, incluso nos casos nos que a nai debía acudir a unidade
post-anestésica (espertar). Ademais, cando a atención da nai non permite este
contacto continuado, ou require de anestesia xeral, facilitase o contacto pel
con pel do neno co acompañante, o que agora será máis inmediato ao estar xa en
quirófano, co evidente beneficio cara ao apego e a tranquilidade do recén nado.
O novo documento garante a
seguridade e cumprimento dos estritos protocolos anestésico-cirúrxicos no
quirófano, procurando unha vía de acceso regrada para os acompañantes e nais
que desexen facelo, sempre de xeito coordinado por todo o equipo cirúrxico que
interveña no proceso, xa que non se aconsella en caso de cesáreas urxentes ou
de risco nas que se prevean complicacións importantes.
Segundo as estimacións do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia está previsto que podan acollerse a esta posibilidade de acompañamento ao redor de 230 parellas, dacordo co histórico de cesáreas programadas atendidas nos tres hospitais públicos, de Ourense, Verín e Valdeorras.