Recuperan os cartos dun ciberataque a unha empresa de Xinzo
A Garda Civil toma declaración en calidade de investigado a unha persoa por un presunto Delito de estafa a unha empresa de Xinzo de Limia.
A investigación comezou a raíz dunha denuncia interposta no Cuartel da Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) en agosto de 2023, na que unha empresa perxudicada, manifesta que o autor/es descoñecidos accederon ao seu servidor e haberian modificado unha factura, facendo o pago por un importe de 42.167 euros
Tras realizar varias xestions, consiguese localizar e recuperar o diñeiro na sua totalidade, investigando a unha persoa como presunta autora dun delito de estafa.
O ciberdelincuente accedeu o correo electrónico da víctima, e este que está esperando un correo coa factura do proveedor, fai o pago a conta que lle indican no correo.
Tratase dun fraude fácil para o ciberdelincuente pois pode obter ingresos elevados e non precisa ter coñecementos avanzados, so facerse co control dunha conta, obtendo, por exemplo, as credenciais de filtracions ou mediante inxienería social.
Os ciberdelincuentes recopilan datos sobre as suas víctimas que logo usan para xenerar confianza. Entre outros, poden encontrar nomes e cargos dos empregados, así como listas de correos, da web corporativa, redes sociais e outros medios.
Na maioría das ocasions están varias semanas dentro do correo da víctima, coñecendo os pormenores das operacions antes de perpetrar o fraude, observan os correos e crean regras específicas. Esperan a que chegue o momento oportuno para actuar, por exemplo, cando se espera unha factura dun importe alto, hai un novo cliente ou o responsable está de vacacions.