“Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria”-Exposición

Blas González con algunhas das fotos da exposición
“Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria”-Exposición


O próximo 18 de Novembro inaugúrase na Casa de Cultura do concello de Sandiás as 18:00 a exposición “Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria” do fotógrafo vigués Blas González.


Coa procura da desaparecida Lagoa de Antela como punto de partida dun proxecto de fotografía de paisaxe, o autor conclúe cunha serie de máis de 130 retratos de persoas da Limia, tomados entre os anos 2017 e 2022, e que constitúen o eixo central da triloxía “Cadernos da Limia”, no que pretende ser unha “cartografía humana” da comarca limiá.


Segundo o autor, a paisaxe, identidade e memoria, configuran o corpo deste proxecto fotográfico que me levou nunha viaxe emocional ás terras limiás. A identidade como tecido de natureza sutil, tramado cos fíos invisibles da memoria e vinculado aos lugares que habitamos”.

A exposición, que permanecerá aberta ata o próximo 14 de xaneiro de 2024, inclúe na súa programación outras actividades coa intención de estender e prolongar o alcance da mesma.