Quedou inaugurada a exposición Os nosos castelos, A Limia terra de torres

Quedou inaugurada a exposición Os nosos castelos, A Limia terra de torres


Xinzo foi esta tarde o epicentro da Limia no tocante a historia das Terras da Limia, nos séculos XIII ao XVI da man dos encargados da exposición A Limia, terra de torres.







O alcalde estivo acompañado da directora xeral de Educación, do xefe territorial de Cultura, do concelleiro de Cultura e dos membros do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, organizadores da exposición, estando tamén na sala a alcaldesa de Porqueira e o concelleiro de cultura de Sandiás, así como concelleiros da oposición de Xinzo.

DSC38371

Percorrido pola historia a traveso das torres

Despois da presentación o profesor Joao Paulo fixo de cicerone explicando paso a paso canda un dos paneis que conforman a exposición na que analizan dende a heráldica da Limia neses séculos, ata a historia real, os documentos que sostén a historia, así como as lendas que se conta de cada unha delas.

DSC38291


Tamén fixeron un percorrido pola exposición dos debuxos feitos polo alumnado dos CEIP de Xinzo e Sandiás, para posteriormente pasar ao salón de actos no que se fixo a entrega dos premios, e rematar o acto coa mesa redonda onde ademáis de Joao Paulo participaron  Amparo Rubio, vicedirectora do IEGPS, , o historiador investigador  Miguel García   e o “gaiteiro  historiador”, Fernando Dopico.


Participantes na mesa redonda

DSC38241


DSC38161

DSC37691


DSC37581


DSC37551


DSC37521


DSC37471