O Antela preparou o seu partido de mañá na Moreira

O Antela preparou o seu partido de mañá na Moreira

Non solo con ensaios a balón parado, se non tamén con castañas e chourizo

Onte foi día de traballo e festa para as plantillas dos distintos equipos do Antela. A última hora, mentres os do equipo sénior ensaiaban xogadas a balón parado para tratar de sorprender ao  Juv. De Ponteareas o domingo, os compoñentes da directiva afanábanse en preparar un bo magosto para todas as plantillas e os invitados.