O helicóptero da Garda Civil volverá maña a colaborar na búsqueda do veciño de Porqueira

O helicóptero da Garda Civil volverá maña a colaborar na búsqueda do veciño de Porqueira


Ramón Carrera Peaguda de 90 anos leva desaparecido dende a noite do venres




Preto  de 100 efectivos de distintos servicios, sanitarios, de Protección Civil, Garda Civil e veciños dos pobos do concello de Porqueira levan todo o día de hoxe na busca do seu veciño, despois de que outro veciño dera a voz de alarma no 112 Galicia.

Primeira búsqueda  no río.

Susana Vázquez alcaldesa de Porqueira, que dende o primeiro momento se puxo a fronte dos veciños, colaborando en todo o que precisan, tanto eles como os grupos de Protección Civil e Garda Civil, manifestou que nunha das pontes había unha parte dunha defensa que podía ser a do seu coche, pero enseguida se esgotou esta pista, unha vez que se percorreu o cauce do rio e non se atopou nada.

“E como se o tragase a terra e parece que estamos a dar pasos de cego”, manifestaba Susana sen ter explicación do que lle puido pasar a Ramón, que vive solo no pobo de Filgueira e do que solo se sabe que falou o venres a mediodía coa súa filla e cando pola tarde foi a súa casa a Sra. que lle axuda nas limpezas da casa, el xa non estaba.

HELICÓPTERO DA GARDA CIVIL

Mañá ás 8 reiniciaranse as labores de búsqueda na que tamén participa un  helicóptero da Garda Civil, ademais dos membros do GES de Muíños e Protección Civil de Porqueira e de Xinzo