Toda a Limia se deu cita en Sandiás

Blas González na presentación dos Cadernos da Limia
Toda a Limia se deu cita en Sandiás

O salón da Casa de Cultura do concello quedou moi escasa para acoller a todas as persoas que non quixeron perderse a inauguración da exposición CADERNOS DA LIMIA.


Con máis de 20 minutos da hora prevista para o acto protocolario comezaron a chegar os implicados directmente nas fotos da obra e todos aqueles que non quixeron perderse o acto.

Blas Gonzalez foi saludando a cada grupo persoalmente antes de que Pepe Gándara, cicerone do acto invitou a todos a subir ao salón de actos que se quedou pequeno para acoller a todos.

PRESENTACIÓN DA OBRA E DO AUTOR


Pepe Gándara, concelleiro de Cultura, tomou as rendas do acto facendo unha ampla presentación, non solo da triloxía que compón a obra do fotógrafo, se non que deu un repaso polos outros autores, escritores, e artistas, pertencentes a esta terra da Limia.

 Comezou o seu discurso dicindo que  a Sala de Exposicions do Concello de Sandiás.Non hai sitio mellor que nun dos corazóns da Limia, nas beiras mesmas da Lagoa ausente e que a maioría dos que estades aquí sexades os protagonistas dunha parte do mesmo. A música ten que ser escoitada e a fotografía ten que ser vista.

  O proxecto de Blas é un proxecto con acento autobiográfico que ten anclaxe na memoria dos seus antepasados (xeracións de memoria). O mesmo autor indica:“O retrato dunha persoa na aldea de Baronzás activou os mecanismos da memoria,e desde entón buscou as trazas dunha identidade esquecida a través da paisaxe, as persoas, a lingua e as ideas”.

Paisaxe, identidade e memoria, configuran o corpo desta triloxía fotográfica que levou ao autor nunha viaxe sen retorno emocional ás terras limianas: “Notas dunha lagoa ausente” (paisaxe), “Civitas Limicorum” (retratos)  e “Interseccións” (arquivo e fotografía intervida). A mostra expositiva pivota especialmente sobre a segunda sección con retazos da primeira e da terceira. Nesta segunda parte da triloxía, o autor intenta mostrar unha cartografia social e humana da Alta Limia  cunha serie de máis de 130 retratos de personas tomadas entre 2017 e 2022. En definitiva, a procura da identidade entendida como un texido de natureza sutil tramado con fíos invisibles da memoria e vinculado aos lugares que habitamos.

Pasou logo a presentar ete terceiro caderno da Limia o propio autor Blas González, que aínda nado en Venezuela, pronto se trasladou a Galicia, en concreto a Vigo, aínda que pasou uns meses pola casa que seus avos tiñan en Baronzas, e precisamente polas historias que a súa avoa lle contaba e lle trasmitiu en tres follas escritas.

Blas Gonzalez desenvolvue a súa actividade como fotógrafo profesional entre Reino Unido e España onde completou a súa formación académica dende 2014 na Universidade de Artes Creativas. O seu traballo céntrase en cuestións sociais relacionadas coa identidade e o medio ambiente. Promoveu e participou en múltiples proxectos fotográficos e con artistas doutras disciplinas (música, teatro e literatura). Blas aterra pola Limia no verán de 2017 despois de 40 anos de ausencia.

Todo comezou, comenta Blas cando,


Percorro a lagoa de Antela de man do meu avó, lendo as reflexións da miña nai, tres folios escritos ao redor da Lagoa sen moita estrutura e en ocasións con frases difíciles de entender (…). Esta historia volvéuseme unha historia de familia que aglutina varias xeracións, a que non necesitaba lembrar porque vía, a que empezou a perder a memoria e a que tivo que desandar o camiño para volver lembrar. Novamente o “rio do esquecemento” apoderouse das nosas memorias. Estes “Cadernos da Limia” queren ser  reivindicación dun lembranza que o esquecemento convertiu nun preocupante lapsus da identidade”. E continúa: “ a miña nai  escribiu en 2013 novamente o paradoxo do esquecemento, cando a súa memoria comezou a fallar.

Existiu unha “memoria natural” da lagoa de aqueles que a viviron e sentiron directamente e outra memoria como artefacto cultural que fomos fabricando a partir de testemuñas, documentos, fotografías históricas. A primeira está sentencida ao igual que a Lagoa. Por estes camiños peregrinan os pensamentos do autor nos que se entremezclan sentimentos e emocións contradictorias: memoria, olvido, ausencia, lamento, frustración e esperanza.

 

Deu as gracias a todos aquelas persoas que se prestaron naturalemnte a ser fotografados pola súa cámara, cada unha como refrexo de toda a actividade presente e pasada na Limia.

Rematada a súa intervención pasouse ao salón da exposición, onde os “protagonistas” dos retratos recibiron unha copia do Cuadernos da Limia totalmente personalizado.

Tanto o autor como o concelleiro non quixeron esquecerse dos que gracias a eles a exposición chegou ao fin previsto, á Deputación Provincia, Abanca e o propio concello de Sandiás.