Segundo partido gañado dos Sénior do A.B.Xinzo
Os moitos seguidores sufriron 38 minutos e desfrutaron de verdade os dous últimos
O ambiente nas gradas do pavillón era moi bo, aínda que
durante os primeiros 38 minutos resultaron de moita tensión, pois o partido non
ía mal, pero este ano o equipo Sénior tennos acostumados a ir gañando e no
último cuarto botar todo polo río.
Tamén na tarde de onte parecía que ía suceder o mesmo cando
faltando tan solo 2 minutos expulsan a un dos bases do equipo local e froito
disto o equipo contrario contaría con 3 tiros libres máis posesión, por mor das
dúas técnicas pitadas ao propio xogador
e ao banquillo. Pero non todo quedaba
aquí, aos poucos segundos un dos pilares do equipo lesionouse, tendo que saír
acompañado de dous compañeiros.
Neste momento e tras estes acontecementos negativos, os xogadores do A.B.Xinzo, conxuráronse e centráronse nos poucos segundos que faltaban e conseguiron unha tripla que empatou o partido e a partir de aí varios tiros libres, pola desesperación neste caso dos xogadores do equipo de Tui, que fixeron que o partido, nesta ocasión caera do lado limiá.
A alegría dos xogadores, bancadas e ata presidente do club fixeron que a tarde, por segunda vez este ano fose perfecta.