Arranca o 1º concurso “PATAPAS” da Limia
Dende o 23 de novembro ata o 3 de decembro
Case 20 bares e restaurantes terán na súa carta de pinchos durante os días do concurso (xoves a domingo) un pincho cuxo ingrediente principal sexa a pataca.
Para a realización do mesmo o concello conta coa colaboración da IXP Pataca de Galicia.
DOUS MIL CATROCENTOS EUROS EN PREMIOS E UNHA GRAN CESTA DE NADAL
Ademais da degustación do pincho en cada un dos establecementos adheridos a campaña por un prezo de 2 € repartiranse 2.400 € en sorteos e unha gran cesta de Nadal.
O procedemento será o seguinte:
1.- Cada bar terá unha papeleta que lle entregará o cliente despois da consumición, papeleta que terá que levar a cada un dos establecementos que queira visitar.
2.- Entre os que teñan todos os ocos con selo do establecemento, ou sexa, visitou e consumiu en todos, entrará no sorteo de 4 premios de 250 €, 2 de 2oo € e un gran premio dunha cesta de Nadal.
3.- Entre aqueles que teñan 10 ou máis participarán e 8 premios de 100 € e 4 de 50.
Condición indispensable para participar nos sorteos, que entre o mínimo de 10 casillas con selo, mínimo ten que ter un de fora do casco urbano de Xinzo. Participan neste primeiro concurso un bar de Lamas e outro de Ganade.
As bases todas do concurso pódeas ver no seguinte enlace ou ben escanando ou no QR dos carteis dos bares participantes.
Tres obxectivos principais
Amador Díaz, que fixo a presentación deste primeiro concurso acompañado polos concelleiros Moncho e Ricardo, ademais dunha ampla representación dos bares que participan manifestou que tres son os obxectivos que se queren acadar.
O primeiro a promoción dun dos cultivos da comarca (a pataca). O segundo dinamizar a hostalería, neste caso dos bares participantes e en terceiro lugar a dinamización do comercio local, posto que os premios que se entregarán ao fin do concurso serán premios que teñen que ser gastados no comercio de Xinzo.