Fin de semana con variedade de resultados dos equipos do A.B. Xinzo

Xuntanza babybasket en Maside
Fin de semana con variedade de resultados dos equipos do A.B. Xinzo

Os Sénior gañaron con moito coraxe o seu segundo partido esta temporada


As Sénior femininas disputaron un partido moi igualado, aínda que ao final perderon de 14 puntos. As triplas do equipo de Xinzo non  foron suficiente para que o partido quedara do lado do equipo de Salceda de Caselas.

Xornada Babybasket en Maside

Tamén as  Júnior fixeron un bo partido contra as líderes de Allariz. Este ano a competición é moi forte e espérase que na segunda volta e unha vez recuperadas as lesións todo vaia mellor.

Na visita ao campo de Maside  os cadetes non puideron co equipo local ao igual que o equipo feminino do 2011.

Os equipos infantís 2010, tanto masculino como feminino gañaron respectivamente . O feminino seguen invictas e primeiras de grupo.

As minis 2012 e 2013 tiveron diferentes resultados, as primeiras gañaron ao Depordima, mentres que as do 2013 perderon o sábado pola mañá contra o equipo do Mestre Vide.


XUNTANZA BABYBASKET EN MASIDE

Estre fin de semana celebrouse a primeira xuntanza da provincia onde estiveron máis de 8 equipos de toda a xeografía ourensá. Esta xuntanza dos mais pequenos sirve simplemente de diversión, non entrando para nada a valorar os resultados.

ALEX TRAVESO COA SELECCIÓN GALEGA

Este fin de semana o xogador Alex Traveso, preinfantil de 2011 formou parte da selección Galega que disputou o torneo en Pola de Lena (Asturias). Participou entre os doce seleccionados, sendo aínda de primeiro ano.

Alex Traveso (8)- Selección Galega