Día 3.12.23

Nova proposta turistica conxunta entre o CDR O Viso e a Arca da Noe

Nova proposta turistica conxunta entre o CDR O Viso e a Arca da Noe


É ALDEA, É VIDA: Unha experiencia familiar no rural de Ourense. Unha proposta turística alternativa a través de experiencias de economía socia l e solidaria



Unha experiencia familiar no rural de Ourense
Neste itinerario a familia ao completo gozará visitando o Pobo escola de Lodoselo (Sarreaus), coñecendo e participando na súa proposta educativa e de recuperación do patrimonio cultural e social da comunidade rural da man do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.
Logo, unha deliciosa comida esperaravos en Vilar de Santos, concretamente na Arca da Noe

Esta experiencia inclúe a comida con produtos ecolóxicos e de proximidade na taberna e música en directo.

Toda a información tela nesta dirección:

https://www.cdroviso.org/index.php?&PHPSESSID=5h7ut6mp5hogpunkg6lq03os43&V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=5533&PHPSESSID=5h7ut6mp5hogpunkg6lq03os43&&V_idmod=121&id=5533