Concerto na honra a Santa Icía cun recoñecemento especial

Concerto na honra a Santa Icía cun recoñecemento especial

Maña, Venres 24, o Conservatorio Pr0fesional de Música, para festexar o día da Música convida a todos ó concerto de Samudra Trio.

O Conservatorio ten no seu Calendario escolar diversas actividades programadas ó longo do curso para fomentar e difundir a música entre o propio alumnado e intentar achegala ó público de toda a vila.

Nesta ocasión esta semana é o turno de festexar a Santa Icía, patroa dos músicos, e que mellor xeito que organizar un concerto na súa honra.

36

En colaboración co Concello de Xinzo de Limia, o Venres 24 ás 20:00 h. no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia, haberá un concerto a cargo de “Samudra Trío”, ensemble formado por frauta traveseira, violoncello e piano. Dito concerto será en aberto e gratuito ata completar aforo.


"Os profesores do conservatorio tamén imos aproveitar a homenaxear e recoñecer o traballo de Alfonso, técnico de cultura que comeza unha nova etapa, xa que se xubila"