Volven as tarxetas desconto no comercio de Xinzo polo Nadal

Volven as tarxetas desconto no comercio de Xinzo polo Nadal



Poranse a venda  700 tarxetas de 50 € que custarán 35






ProLimia e o Concello de Xinzo, como se ven facendo nos últimos anos, vai a poñer a venda 700 tarxetas de valor nominal de 50 €, pero que a hora da compra solo aboaremos 35. Desta maneira neste Nadal entrarán nos establecementos adheridos a campaña do comercio local de ProLimia 35.000 € directos.

A venda das entradas realizarase na praza Maior, na casa que instalará o concello como atractivo de Nadal.

Cada comprador terá que mercar por valor de 50 € e recibirá 5 tarxetas de 10 € para comprar nos establecementos que entren na campaña e que estará identificados perfectamente nos escaparates.


ENTRADAS PARA CINE DE BALDE

Unha das novidades que traerá consigo a campaña de ProLimia para este Nadal 23 será o agasallo en cada establecemento de entradas de balde para unhas sesións infantís e para maiores  para o cine Gesma en dous días a sinalar oportunamente. As entradas recolleranse nos establecementos que participen nesta campaña, que a asociación espera que sexan arredor de 80.