Visita de técnicos da CHMS a Xinzo
O enxeñeiro da CHMS (Paco Marín) , achegouse a Xinzo acompañado dun representante da empresa adxudicataria da obra (Misturas) de eliminación dos vertidos no Limia ao seu paso por Xinzo.
Amador Díaz e Moncho Gómez acompañaron aos técnicos que viñan a recoñecer in situ a situación na que se atopan as augas do Limia de cara ao comezo dos traballos de execución do proxecto.
SOLICITUDE DE DEMOROA
Despois da explicación que os técnicos lle deron aos membros do goberno de Xinzo, e despois de analizar a situación de caudal e tendo en conta que o proxecto ten que estar rematado a finais do 24, decidiuse solicitar unha demora no comezo da obra ata a primavera. Neste momento segundo os técnicos sería imposible comezar a facer as zanxas.
Como o prazo de execución é de 6 meses, desta maneira cumprirase cos prazos sen ter demoras.
SEGUNDA FASE
Recordar que no proxecto presentado e aprobado no seu tempo, ademais desta primeira fase na que se investirán 800.000 €, tamén incluía a redacción do proxecto de humanización das beirarrúas polas dúas bandas dende a ponte de Baltar ata a Sitibal. Pero solo a redacción do proxecto. Non incluía a realización, para a que este goberno terá que asinar un novo convenio coa CHMS.