Primeiro dos acordos de goberno entre o PP e AXIL
O Consello da Xunta aprobou a achega para a pista da Armada
Acordo polo que se autoriza a sinatura do Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia para realizar obras de infraestrutura rural, por un importe total de trescentos vinte e un mil cincocentos trinta e catro euros con oitenta e sete céntimos (321.534,87 €), tramitado como anticipado de gasto.
O acordo ratifica esta colaboración, pola que a Consellería do Medio Rural e o organismo provincial cofinanciarán a mellora desta infraestrutura rural na localidade de Xinzo.
O camiño da Armada é a principal vía de saída do cereal que se recolle na zona, pola que tamén circulan gran número de vehículos pesados que fan necesaria arenovación do seu firme. O convenio estará vixente desde o 1 de xaneiro de 2024 ata a recepción das obras e súa posterior entrega ao Goberno local.
O orzamento previsto para estas obras, que serán
responsabilidade, tanto na licitación como na execución, da Consellería do
Medio Rural, é de 321.534,87 euros. O Goberno galego destinará 221.534,87 dos
seus fondos propios para levar a cabo esta actuación de mellora, mentres que os
100.000 restantes serán cofinanciados pola Deputación de Ourense.
Agora haberá que esperar o acordo da Deputación para asinar o convenio coa Consellería e o Concello, para a realización do proxecto e a pòsterior adxudicación a empresa que realizará a obra.