Amalia Gómez Manso, xa ten o premio Pedra Alta
A súa traxectoria dende unha pequena tenda de bocadillos ata o Novaiño do século XXI están baixo a súa mirada
Unha vez máis o Museo da Limia congregou a amigos do museo e amigos e clientes neste caso do Novaiño, neste caso na persoa da súa fundadora Amalia Gómez Manso que segundo ela se encargou de dicir durante a posterior comida xa cumpriu 96 anos e medio, pero aínda así segue atendendo aos clientes, non levándolle as comandas, pero si preocupándose de si os clientes están en todo momento ben atendidos.
DURANTE TODO O ACTO REPETÍA “Cando vou das as gracias a todos?
Todos os actos protocolarios teñen a súa parafernália e este non se queda atrás. Despois de varias intervencións, do Presidente, do coordinador do Museo e da secretaria do padroado, coa lectura da acta, foi o momento do actor e humorista Sergio Pazos, que naceu no mesmo pobo que a agasallada Amalia. Coa súa intervención a seriedade do acto intervención trocou en humor e anécdotas, entre as que contou a de que Amalia, cando lle pediron a primeira tortilla francesa, non sabía facela e pediulle a que llo pedira que a fixera diante dela ,”por que ela tiña outras cousas que facer” e así aprendeu a facelas, tanto que cando Sergio abriu a súa tortillería en Ourense, foi ela quen a ensinou.
Rematada a “laudatio” do humorista fíxose a entrega efectiva da “pedra alta” a Emilia e por fin ela, puido darlle as gracias a todos os presentes, contando a mesma anécdota da tortilla e desvelando que Sergio (de pequeno, era un pouco tolo).
Rematado o acto a maioría dos presentes trasladáronse ata o
restaurante para agasallar e agasallarse cun magnífico cocido no restaurante
Novaiño.
Tanto no salón da entrega, como de fin de comida a música en directo estivo da man do tenor Baldomero Pavón acompañado de Humberto Cao, como nas edicións anteriores do premio.